Benvidos á páxina web da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta da Galicia que busca impulsar as TIC e a Sociedade da Información na comunidade galega. Esta rede forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.
A Rede CeMIT nace cos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, e impulsar, potenciar e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación en tres colectivos principalmente: cidadanía, profesionais TIC e empregados públicos
Así pois, a nova Rede CeMIT configurase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade, a competitividade empresarial, a eInclusión, o eBenestar e o pulo da eAdministración.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS