FORMACIÓN > Buscador de formación
Buscador de Cursos
Buscador de centros
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Destacados
Entidades colaboradoras
Inscríbete na rede CeMIT
Acceso usuarios da rede CeMIT
Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
Voluntariado Dixital
Rexistro de Demandantes

Cursos de multimedia e audiovisual

Os cursos multimedia nacen coa finalidade de formar á cidadanía na creación de contidos multimedia e no manexo das novas tecnoloxías. A base destes cursos é a de aportar unha visión xeral de cada unha das ferramentas seleccionadas para que o usuario/a despois elixa a que lle sexa máis útil e poida afondar nela.

Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) e as aulas con sistema de videoconferencia avanzado da Rede CeMIT. Para o desenvolvemento dos cursos utilízase unha retransmisión interactiva realizada a través de dous sistemas complementarios e independentes: unha multiconferencia de vídeo - audio entre o posto do profesorado e un dos ordenadores das Salas Web e unha multiconferencia de datos entre o posto do profesorado e tódolos postos do alumnado.

O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas. O programa de cursos Multimedia e audiovisual para o 2012 da Rede CeMIT, está formado por microactividades e actividades relacionadas coas temáticas seguintes:

Multimedia e audiovisual

 
CeMIT - Mapa Web

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS