Entidades colaboradoras
Entre os obxectivos da Rede CeMIT atópanse o de incentivar o e-Goberno en ámbitos diversos como a empregabilidade, a competitividade empresarial,a e-Inclusión, o benestar social ou a e-Administración.
Estes obxectivos poden ser compartidos con outras entidades nun interese común de fomentar a dinamización socioeconómica da cidadanía galega na Sociedade da Información e o Coñecemento.
Por tal motivo é necesario implementar un mecanismo que permita a coordinación entre os distintos instrumentos, facilitando un positivo intercambio de información e experiencias que conduza á creación das necesarias sinerxías que permitan unha optimización de todos os recursos postos en xogo, cuns obxectivos e resultados que están orientados ó beneficio de toda a Rede CeMIT e das entidades colaboradoras correspondentes.
Para elo, no caso de ser unha entidade interesada en fomentar a sociedade da información en Galicia, poderá colaborar coa Rede CeMIT a través das seguintes modalidades de colaboración:
-
Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT para a difusión dos seus proxectos en materia de alfabetización dixital.
-
Entidade Colaboradora que queira desenvolver, nos colectivos cos que interatúa e nas súas instalacións, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
-
Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT e queira desenvolver, nos colectivos cos que interactúa, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
-
Entidade que colabore coa Rede CeMIT na adopción, xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas para á sociedade galega.
-
Entidade Colaboradora que achegue a súa infraestrutura á Rede CeMIT para a realización de actividades do Catálogo de servizos ou do Plan de Formación.
Para elo precisamos nos faciliten os seguintes datos:
-
Nome entidade
-
N.I.F.
-
Persoa de contacto
-
Representante legal
-
D.N.I. representante
-
Modalidade de colaboración:
-
Email
Tras a recepción do formulario, a Rede CeMIT poñerase en contacto coa entidade solicitante para analizar a solicitude, comunicar o detalle operativo das colaboracións e demandar a información que estime oportuna.
No caso de dúbidas poderán empregar o seguinte enderezo electrónico: oficinacemit@xunta.es