A Rede CeMIT ofrece un amplo abano de servizos orientado a impulsar as TIC e a sociedade da información entre a poboación galega, así como a contribuír a impulsar o emprego, a competitividade empresarial e a eAdministración en Galicia. Este catálogo de servizos divídese nos seguintes tres grandes bloques:
A formación é un dos servizos principais que ofrece a Rede CeMIT á cidadanía, profesionais TIC, empresas, empregados públicos e axentes territoriais. Esta formación impártese a través de dúas modalidades
Formación presencial: impartida nas Aulas CeMIT da rede a través de métodos que combinan a exposición de conceptos e a demostración de procesos coa execución guiada por parte do grupo. A Rede CeMIT ofrece formación presencial en catro eidos diferenciados:

Formación on-line: A formación presencial nas Aulas CeMIT compleméntase coa creación dunha Aula de formación virtual, que achegará a alfabetización dixital a un maior número de usuarios. Esta formación permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso á Internet que serán complementadas a través de dous ferramentas básicas de gran utilidade: a titorización dos cursos e a interacción do usuario no proceso de aprendizaxe.
Organización de charlas e xornadas de sensibiización e divulgación das actividades da rede, a captación de usuarios e a introdución a temas relacionados coas novas tecnoloxías serán actividades que forman parte do catálogo de servizos da nova rede e que serán planificadas en función das necesidades e demandas detectadas.
Os centros da rede tamén se conerterán en "aulas abertas", auténtos espazos nos que os seus usuarios/as, dentro dun horario establecido, poderán acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, para o que contarán co apoio e asesorametno dos axentes TIC.
Descarga aquí o Catálogo de servizos da Rede CeMIT
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS