Constitúese como a peza angular do Plan de Formación da Rede CeMIT. O seu cometido principal consiste en promover a integración das TIC na sociedade galega, especialmente nos colectivos nos que a fenda dixital é máis evidente.
A planificación dos cursos de alfabetización dixital establécese mes a mes, e será diferente para cada aula CeMIT. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poderán poñerse en contacto co/a axente TIC da súa aula e solicitar a súa celebración. O/a axente TIC, en función das necesidades detectadas, fixará a planificación dos cursos de alfabetización dixital e terá en conta as suxestións dos usuarios/as da aula.Os cursos de alfabetización dixital están organizados en 11 itinerarios formativos que están centrados en distintas categorías temáticas.
Descargue aquí o catálogo de cursos de alfabetización dixital
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS