
A Rede CeMIT, coa súa infraestrutura de aulas distribuídas por toda a xeografía galega, constitúe un espazo ideal para a difusión e a sensibilización da importancia e beneficios do TIC entre os diferentes actores: cidadáns/as, empresas, PEME’s, autónomos, etc.
Neste contexto, a Rede CeMIT en xeral e cada unha das Aulas en particular, organizarán e desenvolverán charlas e xornadas de divulgación tecnolóxica arredor de diferentes temáticas: software libre, redes sociais, seguridade en Internet, etc.
Estas actividades poden ser programadas individualmente por cada un dos Axentes TIC, en función das necesidades dos usuarios da Rede e mesmo baixo petición dos propios cidadáns. É por iso que a planificación das charlas e xornadas de sensibilización e divulgación poden variar dunhas aulas a outras.
Utilice o buscador para descubrir que actividades de difusión estanse a celebrar nas distintas Aulas CeMIT.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS