
O Plan de Formación da Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios diferentes tipoloxías de cursos, con temáticas e niveis moi distintos. Desta forma, as actividades recollidas no catálogo da rede están dirixidas a un público ou colectivo/s específicos: cidadanía, profesionais TIC, empresas e autónomos, empregads públicos e axentes territoriais (colectivo que agrupa servizos municipais, asociacións civís e empresariais, ONG'S, ANPAS, etc.).
Para este ano 2013, o Plan de Formación caracterízase por:
O plan da Rede CeMIT estruturará os eidos de alfabetización dixital en 11 itinerarios formativos, estruturados en función de tres eixos, nos que se encadran máis de 60 cursos de diferente nivel e temática. Esta nova organización deos cursos, facilitará a capacitación dixital dos usuarios.

Así mesmo, aínda que a maior parte da oferta formativa segue impartíndose de forma presencial, a Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios un catálogo de cursos en liña que permitirán aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso á Internet
Pode descargar aquí o Plan de Formación 2013 da Rede CeMIT
As aulas CeMIT ofrecerán ao longo do ano 2013 un elevado número de actividades formativas nas 98 aulas da rede distribuídas entre os 92 Concellos adheridos á rede, co fin de acadar arredor de 40.000 horas de formación para achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega.
Todo o catálogo formativoda Rede CeMIT está a súa disposición no buscador que pode atopar a continuación
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS