A Rede CeMIT organiza un curso de Community Manager a finais de setembro que tivo gran acollida na localidade de Boiro
O vindeiro 24 de setembro comeza un curso de Community Manager na Aula CeMIT de Boiro, o curso vaise realizar en horario de tarde de 16 a 20 horas, para facilitar a asistencia dos/as usuarios/as. Este curso tivo unha gran acollida na Aula de Boiro e conta con 12 persoas matriculadas e 11 en reserva de praza. A finalidade do curso e que os asistentes poidan recoñecer os aspectos identitarios do novo contexto comunicativo 2.0., comprender o papel do novo perfil profesional do Community Manager xurdido no ámbito da comunicación 2.0.e adquirir os coñecementos básicos sobre a variedade de ferramentas de traballo que lle son útiles ao Community Manager no día a día. O micorcurso está orientado fundamentalmente a aquelas persoas usuarias das redes sociais ou que queiran facer desta aficción unha profesión de futuro, abrindo así vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferramenta para o emprego de xeito profesional.
Para máis información sobre cursos poden poñerse en contacto co Axente TiC da Aula CeMIT de Boiro:
Samuel Rodríguez Lado
Centro social de Boiro
Rúa Poeta Manuel María s/n 15930
Boiro, A Coruña.
Teléfono:981842635 / cemit.boiro@xunta.es
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS