CeMIT > Entidades colaboradoras
Buscador de Cursos
Buscador de centros
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Destacados
Entidades colaboradoras
Inscríbete na rede CeMIT
Acceso usuarios da rede CeMIT
Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
Voluntariado Dixital
Rexistro de Demandantes

Entidades colaboradoras

Entidades colaboradorasEntre os  obxectivos da Rede CeMIT atópanse o de  incentivar o e-Goberno en ámbitos diversos como a empregabilidade, a competitividade empresarial,a  e-Inclusión, o benestar social ou a e-Administración. 

Estes obxectivos poden ser compartidos con outras entidades nun interese común de fomentar a dinamización socioeconómica da cidadanía galega na Sociedade da Información e o Coñecemento.
Por tal motivo  é necesario implementar un mecanismo que permita a coordinación entre os distintos instrumentos, facilitando un positivo intercambio de información e experiencias que conduza á creación das necesarias sinerxías que permitan unha optimización de todos os recursos postos en xogo, cuns obxectivos e resultados que están orientados ó beneficio de toda a Rede CeMIT e das entidades colaboradoras correspondentes.
Para elo, no caso de ser unha entidade interesada en fomentar a sociedade da información en Galicia, poderá colaborar coa Rede CeMIT a través das seguintes modalidades de colaboración:
  1. Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT para a difusión dos seus proxectos en materia de alfabetización dixital.
  2. Entidade Colaboradora que queira desenvolver, nos colectivos cos que interatúa e nas súas instalacións, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
  3. Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT e queira desenvolver, nos colectivos cos que interactúa, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
  4. Entidade que colabore coa Rede CeMIT na adopción, xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas para á sociedade galega.
  5. Entidade Colaboradora que achegue a súa infraestrutura á Rede CeMIT para a realización de actividades do Catálogo de servizos ou do Plan de Formación.

Para elo precisamos nos faciliten os seguintes datos:

  • Nome entidade
  • N.I.F.
  • Persoa de contacto
  • Representante legal
  • D.N.I. representante
  • Modalidade de colaboración:
  • Email

Tras a recepción do formulario, a Rede CeMIT poñerase en contacto coa entidade solicitante para analizar a solicitude, comunicar o detalle operativo das colaboracións e demandar a información que estime oportuna.

No caso de dúbidas poderán empregar o seguinte enderezo electrónico: oficinacemit@xunta.es

 

CeMIT - Mapa Web

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS