A Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias da Rede CeMIT un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación presencial impartida nas 98 aulas da Rede, e achegando deste xeito a alfabetización dixital a un maior número de Cidadáns.
A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poderán acceder dende calquera punto, de xeito gratuito e en calquera momento, a un amplo catálogo de cursos de alfabetización dixital, os únicos requerimentos para elo serán:
Os cursos que se lanzan oficialmente no eido da Alfabetización dixital estarán abertos todo o ano, non sendo por tanto necesaria a matriculación ou reserva de praza previa, bastará con premer no curso para acceder aos seus contidos e poder comezar a formación.
Todo aquel cidadán aínda non rexistrado na Rede CeMIT, poderá facelo seguindo o procedemento establecido. Finalizado o proceso de alta, e unha vez recibido o usuario/a e contrasinal individual, poderá acceder a EMA.
Como rexistrarse na Rede CeMIT e empregar o Espazo Multimedia de Aprendizaxe?
Os novos cursos de teleformación da Rede CeMIT formarán aos usuarios e usuarias na utilización de recursos, ferramentas e programas informáticos e abordarán diferentes temáticas relacionados coas novas tecnoloxías. A continuación, presentase o catálogo de cursos en liña dispoñible:
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información |
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a |
RSS