Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal da internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon ao dispor dos usuarios da internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das estas ligazóns.

A Xunta de Galicia se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal abertos.xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada no portal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal abertos.xunta.gal. A información que a Amtega proporciona a través do portal abertos.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia ou desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, consonte a Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tras categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookie cookie Finalidade Política
Propia JSESSIONID Mantener activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionado Xunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Google) _gid Analítica e distinguir ás personas usuarias Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Facebook) fr Empregada pola red social no caso de compartir contido en Facebook Facebook - cookies e outras tecnoloxías de almacenamento
De terceiros (Twitter) _ga;
personalization_id; guest_id;
_ga
Empregada pola red social no caso de compartir contido en Twitter Twitter - Uso de cookies e tecnoloxías similares

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son: 

  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos personais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
  • Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido do Portal nas redes sociais de Facebook e Twitter e so se descargan polas propias redes sociais en caso de que as persoas usuarias empregen esta funcionalidade e accedan as ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Facebook e Twitter. Estas empresas realizan transferencias de datos a países for da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitadas no cadro.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

  • Google Chrome: Como borrar, habilitar y administrar cookies en Chrome
  • Microsoft Edge: Microsoft Edge, datos de navegación y privacidade
  • Mozilla Firefox: Cookies: información que los sitios web guardan en tu equipo
  • Safari: Gestionar cookies y datos de sitios web en Safari en el Mac
  • Safari (Iphone e Ipad): Borrar el historial y las cookies de Safari en el Iphone, iPad o iPod touch

No caso de que cedida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

Protección de datos persoais

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Xeral de

Protección de Datos persoais e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.