Obradoiros Girl STEAM - Verán 2023

Iniciativa Girl Steam
4Xul
- 8Set

Obradoiros Girl STEAM - Verán 2023

Amtega e o Colexio Profesional en Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG)

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxenería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) desenvolven o Programa “Girl STEAM”. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, celebraranse obradoiros formativos prácticos presenciais en 14 concellos galegos e tamén no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura, con sesións en dúas quendas por idades: unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.

Os talleres Girl STEAM achegan a tecnoloxía aos mozos e mozas dunha maneira creativa e inspiradora, permitíndolles experimentar con actividades como a elaboración dunha peza audiovisual en formato "stop motion" a partir dun circuíto de luces led elaborado por elas mesmas ou a creación de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores cun arduino, para construír un proxecto sobre unha peza téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación etc.

Os lugares e as datas de celebración dos obradoiros de Girl STEAM son os seguintes: