Reanuda a súa actividade a aula CeMIT de Arzúa

Aula CeMIT de Arzúa
30Abr

Reanuda a súa actividade a aula CeMIT de Arzúa

Aula CeMIT Arzúa

Desde hoxe a veciñanza do Concello de Arzúa pode desfrutar de novo da Aula CeMIT, un espazo público destinado a responder ás necesidades tecnolóxicas e educativas da veciñanza. As instalacións da aula estarán novamente dispoñibles para quen teña interese en ampliar os seus coñecementos e habilidades dixitais.

Daniel Moscoso, Concelleiro da Área de Xuventude, destacou o papel fundamental da aula: «A Aula CeMIT está pensada como un espazo de formación e de ocio, destinado a eliminar a fenda dixital e a desigualdade social que implica o acceso ás novas tecnoloxías.»

O espazo ofrece dúas modalidades: uso libre, nas instalacións de luns a venres de 9 a 15 horas e os martes e xoves de 16 a 20 horas, ou a posibilidade de inscribirse en numerosos cursos que se anunciarán nas vindeiras semanas,tanto por parte do CeMIT, outros departamentos do Concello ou organizacións externas. Estes cursos abarcarán desde a alfabetización e a capacitación dixital ata o desenvolvemento de habilidades máis avanzadas; para xente de todas a idades e para profesionais e empresas.

«A Aula CeMIT vai máis aló dun simple espazo de aprendizaxe; é un punto de encontro vital para a xuventude e unha plataforma de ocio educativo, no que ten especial relevancia a alfabetización dixital da terceira idade,» engadiu Moscoso.